InicioM.ambiente e PatrimonioBurela e Ribadeo acollerán charlas sobre a velutina na época do trampeo...

Burela e Ribadeo acollerán charlas sobre a velutina na época do trampeo de raíñas

O investigador e inventor José María Vázquez ofrecerá unha conferencia no consistorio burelés o venres e Os Abelleiros informan sobre trampas e atraíntes o sábado

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela e maila asociación cultural apícola Os Abelleiros de Ribadeo impulsarán a vindeira fin de semana senllas charlas sobre a velutina en plena época de trampeo.

A concellería de medio ambiente de Burela organiza o vindeiro venres unha charla sobre a avespa asiática que se celebrará ás 20.00 horas no salón de plenos do consistorio.

Segundo explica o goberno local, nesta actividade formativa explicarase como evitar que se instalen niños de velutina preto das vivendas, as técnicas de trampeo de raíñas tanto para os cidadáns en xeral como para os apicultores, así como atraíntes e tipos de trampas.

Tratarase ademais o ciclo da avespa asiática, niños reais e diferenciación de outras especies. José María Vázquez, xerente de SERPA, controlador de pragas, inventor e investigador de campo, será o encargado do relatorio.

Por outra banda, Os Abelleiros resaltan “a importancia do trampeo de raíñas de velutina nesta época do ano”. O colectivo subliña que a avespa asiática “sae do seu letargo coincidindo cos primeiros días de calor da primavera, para construír os niños”.

O “MOMENTO OPORTUNO”

Así, resalta que nesta época “é o momento oportuno para instalar trampas con líquido atraínte para a súa captura. Hai que ter en conta que por cada raíña que capturemos será un niño menos que teremos na nosa contorna”, indica.

Deste xeito, Os Abelleiros convocan ás persoas interesadas en aclarar dúbidas, coñecer receitas de atraíntes, e facer un trampeo organizado e sistemático, a participar nunha charla informativa o sábado. O encontro será no salón de actos do CFEA Pedro Murias, a partir das 10.00 horas.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto sinala que o PP de Foz se apoia no insulto para ocultar “a traizón” de Altri

O alcalde de Foz e deputado provincial, Fran Cajoto, di que “o Partido Popular...

Ribadeo pecha a praia das Catedrais por causa do temporal

A praia das Catedrais está pechada este Xoves Santo por mor do temporal de...

APAGA mostra a súa xira por Chile con varios profesores no país latinoamericano

APAGA está a realizar unhas xornadas de traballo desde o pasado luns en Chile,...

A Mancomunidade entrega tablets para a súa plataforma de xestión de datos

Durante esta semana a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense está entregando un primeiro...